Transparencia Somos Cabanas

RENDICIÓN DE CONTAS 

Labor do concelleiro

Xuño a decembro de 2015

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado

Consultou documentación do PXOM, rueiro, etc.

Colaborou na creación dun espazo de transparencia municipal nesta web (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Reuniuse e conversou con asociacións e/ou con veciños sobre o PXOM, sobre necesidades sanitarias, sobre o rueiro, sobre N-651, sobre as Fragas do Eume, sobre a derruba do Penso, sobre dereitos veciñais, etc.

Entrevista na TV de Ferrol. Explicou a situación política.

Visitou o Parlamento europeo convidado por Lidia Senra (AGEE). Explicou a situación dos refugallos asfálticos de Laraxe.

Mocións rexistradas: 8 mocións (6 aprobadas, 2 rexeitadas polo PP)

Emendas: 1 comparecencia alcaldía sobre o PXOM, 1 comparecencia alcaldía sobre O Penso

Suxestións e preguntas: 32

– Xaneiro a decembro de 2016

Asistiu a todas as sesións e reunións que foi convocado (agás unha comisión por confusión na quenda do grupo e noutra ocasión facilitoulle ao edil do BNG a asistencia intercambiando a quenda)

Consultou a documentación de todos os Plenos convocados.

Segue colaborando na creación desta web de transparencia municipal (orzamento, conta xeral, actas, etc).

Reuniuse e conversou con asociacións e/ou con veciños sobre diferentes temas locais.

Defendeu a eliminación no PXOM dos convenios urbanísticos asinados por Germán Castrillón, a conservación da malla urbana e a participación da cidadanía neste documento tan importante.

Mocións rexistradas: 12 mocións (6 rexeitadas, 2 sobre da mesa, 1 non votada por imposición do alcalde e 3 aprobadas)

Emendas: 6 emendas ao orzamento de 2016, 1 emenda ao rueiro e 6 emendas ao orzamento de 2017

38 Suxestións e 140 preguntas ao goberno

Ingresos por asistencia a sesións do concelleiro

Media desde xuño 2015 a decembro 2015: 200 euros/mes

Media desde decembro 2015 a decembro 2016: 200 euros/mes

Subvención municipal ao Grupo Municipal Mixto do Concello de Cabanas

2015. O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu en novembro de 2015 unha subvención con cargo aos presupostos do Concello de 400 € para gastos correntes. Ao edil de Somos Cabanas correspóndelle dedicir o destino de 133,33 € desa subvención: 100 € por concelleiro e 33,33 € polo grupo. Estas cantidades deberán dedicarse a gastos ordinarios de mantemento do grupo, non é posible realizar gastos de persoal nin adquirir bens inventariables (parágrafo 2 do artigo 73.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local).

— Facturas de 2015 (seis meses):

Alugueiro material informático (portátil+impresora): 100 €

Material de oficina (folios, libretas, grampas, bolis, etc.): 33,33 €

2016. O Grupo Mixto Municipal (Agrupación de Electores, Bloque Nacionalista Galego e Somos Cabanas) recibiu o 19 de setembro de 2016 a subvención con cargo aos presupostos do Concello de 800 € para gastos correntes. O Grupo Mixto acordou neste exercicio reservar 10 €/concelleiro para gastos bancarios ou imprevistos comúns. En consecuencia, ao edil de Somos Cabanas correspóndelle dedicir o destino de 256,66 € desa subvención: 200 € por concelleiro e 56,66 € polo grupo. Estas cantidades deberán dedicarse a gastos ordinarios de mantemento do grupo, non é posible realizar gastos de persoal nin adquirir bens inventariables (parágrafo 2 do artigo 73.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local).

— Facturas de 2016 (12 meses):

Alugueiro material informático (portátil+impresora): 200 €

Material de oficina (folios, libretas, grampas, bolis, etc.): 56,66 €

Gastos de mantemento da conta bancaria: 4,86€ (1/3 de 14,58 €)

As subvencións a grupos políticos municipais teñen un estatus especial e privilexiado que non cumpren os mínimos establecidos nas leis sobre subvencións que afectan por exemplo ás asociacións veciñais locais (convocatoria pública, resolución de concesión e xustificación con facturas no propio ano natural).

Neste sentido consideramos inxusta esta situación e, en consecuencia, imos xustificar a subvención publicamente e con gastos no mesmo ano natural. No ano en que non existan gastos para xustificar a parte correspondente realizaremos a devolución ao concello sen máis. Somos Cabanas non queremos ningún privilexio.

Recursos propios da marea local: cotas de inscritas e doazóns.

2015. Eleccións municipais. Ingresos: 1380 € de doazóns. Gastos: 1121,73 € en actividade electoral

2016. Actividade ordinaria. Ingresos: 271,56 € remanente 2015 + 285,48 € 81% subvención electoral = 557,04 €. Gastos: Boletín informativo: 449.89 €; Gastos ordinarios PDDdG: 9,60 €.

2017. Actividade ordinaria. Ingresos: 97,15 € remanente 2016. Gastos: —

=====================XXXXXXXXXXX=====================

Texto da declaración de bens e incompatibilidades do concelleiro de Somos Cabanas

REXISTRO DE INTERESES
BENS PATRIMONIAIS
DECLARACIÓN:
O que suscribe, D/Dna Xosé Manuel Pérez Sardiña na calidade de Concelleiro/a electo deste Concello, en posesión do Documento Nacional de Identídade número XXXXXXXXXX , en cumprimento ó disposto polo artigo 42 da Lei 14/2000, de 29 de decembro que modifica o artigo 75 da Lei 711985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 30 e 31 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídicos das Entidade Locais, aprobado polo Real Decreto 2.568/1986, de 28 de novembro, en aplicación do apartado a) (3) do referido artigo 30 do Regulamento, formula a seguinte DECLARACIÓN dos seus bens patrimoniais, segundo detalle que a continuación se expresa:
IDENTIFICACIÓN DOS BENS MOBLES E INMOBLES INTEGRANTES DO PATRIMONIO PERSOAL, CON DESIGNACIÓN, NO SEU CASO, DA SÚA INSCRICIÓN REXISTRAL, E DATA DE ADQUISICIÓN DE CADA UN DELES:
PRIMEIRO. Bens mobles.
a) Valores mobiliarios
Conta corrente en Abanca núm. 33000119383

b) Vehículos.
Renault Clio 1.9D (1997)
Seat Ibiza TDi (2001)

c) Semovintes.
——————————–

d) Outros bens mobles.
——————————–

SEGUNDO. Bens Inmobles.-
Casa con terreo de ferrado e medio (2014)
Almacén agropecuario con terreo de dous ferrados e medio (2014)
50% de terreo proindiviso de tres ferrados (1999)

REXISTRO DE INTERESES
CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E RELACIÓN DE ACTIVIDADES.
DECLARACIÓN:
O que suscribe , Xosé Manuel Pérez Sardiña, en calidade de Concelleiro electo deste Concello, en posesión do Documento Nacional de Identidade número XXXXXXXXXXXXX en cumprimento do disposto polo artigo 42 da Lei 14/2000, de 29 de decembro, que modifica o artigo 75 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 30 e 31 do Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, en aplicación do punto a) do referido artigo 30 do Regulamento, formula a seguinte DECLARACIÓN sobre as materias que a continuación se detallan:

PRIMEIRO Causas de posible incompatibilidade, segundo sinala o núm, 1, parágrafo 2° do citado art. 75 da referida Lei:
Ingresos incompatibles con dedicación exclusiva a cargo da Corporación

SEGUNDO. Relación de actividades e ocupacións profesionais, mercantís ou industriais traballos por conta allea e outras fontes de ingresos privados, con especificación do seu ámbito e carácter dos empregos ou cargos que se ocupen en entidades privadas, así como o nome ou razón social das mesmas:
——————————–

TERCEIRO. Outros intereses ou actividades privadas que, aínda non sexan susceptibles de proporcionar ingresos, afecten ou esteán en relación co ámbito de competencias da Corporación:
——————————–

E para os mencionados efectos legais, asino a presente declaración