Somos

Somos unha asemblea veciñal que queremos mellorar Cabanas social e politicamente. Presentámonos ás eleccións locais de 24 de maio de 2015 baixo o partido instrumental Participación Democrática Directa e conseguimos o noso primeiro edil delegado que ademais lle fixo perder a maioría absoluta ao Partido Popular de Germán Castrillón. Colaboramos nas eleccións xerais de 20 de decembro de 2015 e xuño de 2016 coas candidaturas da coalición En Marea (Anova, Esquerda Unida e Podemos) ao Congreso e ao Senado. Adherímonos ao movemento municipalista das Mareas en Común desde a súa fundación e apoiamos a candidatura de En Marea, xa como partido instrumental, ás eleccións galegas de setembro de 2016.

Queremos que a participación directa da veciñanza faga da casa do concello a casa de todos os veciños e veciñas.

Queremos mellorar os servizos básicos municipais, crear emprego, promover a cultura e o deporte de base, construír un plan xeral desde abaixo e modernizar a administración.

Queremos traballar para que o concello sexa máis participativo, libre e democrático.

Estamos abertos á participación de calquera persoa e defendemos as maiorías sociais agredidas polos recortes da troica, a lingua e a cultura galegas, o medio natural, a igualdade e a participación directa nos asuntos públicos dos veciños e veciñas.

Participan, colaboran e votan na asemblea:
– Persoas asinantes do manifesto Somos Maioría en Cabanas.
– Quen desexe sumarse á asemblea (asina aquí).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *