Somos Fene e Somos Cabanas comprométense a abrir o Punto Limpo de Vilar do Colo aos veciños

FOTO 1-2

Membros das candidaturas de Somos Fene e Somos Cabanas onte no Punto Limpo de Vilar do Colo

Membros das candidaturas de Somos Fene e Somos Cabanas desprazáronse este xoves 23 de abril ata o Punto Limpo de Vilar do Colo, do que son copropietarios os concellos de Cabanas e Fene, para amosar o seu compromiso prioritario coa apertura deste servizo mancomunado. Os 17.000 veciños dos dous concellos levan agardando 11 anos pola apertura destas instalacións (os primeiros trámites iniciáranse en 2004).

A Xunta licitou en xullo de 2013 por 240.000 euros o acondicionamento do terreo, despois de agardar cinco anos para que os concellos de Fene e Cabanas pagasen a parcela do polígono de Vilar do Colo.

Nesta liña de poñer en marcha servizos mancomunados, as dúas candidaturas de unidade popular queren impulsar proxectos públicos comúns na recollida do lixo, abastecemento, saneamento, servizos sociais e desenvolvemento turístico que virían a sumarse ao reimpulso da zona industrial de Vilar do Colo e a programas de emprego compartidos.

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *