Somos Cabanas traballa polo cambio con outras mareas locais

Somos Cabanas acudiu á reunión das mareas locais na Pobra o pasado 31 de xaneiro. Participamos na toma de decisións e incorporámonos aos grupos de traballo. O futuro pasa pola unión, tal e como reclamamos nas eleccións locais e nas eleccións autonómicas, e Cabanas estará presente para para repetir os éxitos acadados polas opcións do cambio nas últimas convocatorias electorais e rachar de vez coas políticas antisociais do Partido Popular. Queremos estar na vanguarda de todos aqueles movementos que propicien máis democracia, participación cidadán e traballo colaborativo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *