Somos Cabanas aspira a cambiar o goberno municipal

candidatura municipal

candidatura municipal

Somos Cabanas nacemos para cambiar a forma de facer política no noso concello e decidimos en asemblea pública e aberta presentarnos ás eleccións un 28 de agosto de 2014 no parque público do Areal. Somos un colectivo de persoas de diversas procedencias que apostamos por encabezar un proxecto de unidade cidadá en Cabanas que se centre en solucionar as necesidades da xente. O pasado 21 de marzo de 2015 aprobamos a candidatura para presentarnos ás eleccións locais, as liñas básicas do programa e o código ético a través de votacións abertas.

Somos Cabanas imos demostrar que os de abaixo queremos outra forma de facer política, que a vella fórmula aplicada ata agora polos partidos políticos e as súas cúpulas, saídos da transición do 1978, está esgotada.

Somos Cabanas estamos máis preto de funcionar coma unha plataforma veciñal, que coma unha organización política. Así, abrimos por internet a creación das liñas básicas de actuación e a formación da candidatura e máis do 1% dos veciños apuntados libremente no proxecto eliximos unha candidatura con experiencia polo cambio en Cabanas, cousa nunca feita na historia da nosa localidade.

Somos Cabanas non nos conformamos con iso, queremos encabezar o cambio do goberno do PP e ademais os vindeiros catro anos imos estar vixiantes para que esas persoas elixidas cumpran co seu compromiso ao frente do goberno municipal. Non pararemos ata implantar a democracia directa para que os veciños e veciñas decidamos sobre os asuntos municipais mediante consultas populares. Serviremos para que entren novos aires que abran as ventás e as decisións do concello aos veciños e veciñas.

Somos Cabanas establecemos tamén como máxima aspiración implantar a transparencia na xestión municipal. Con tal motivo poñeremos a disposición do público en xeral unha web para que en todo momento e dende a súa casa, toda persoa saiba como, por que e a onde vai parar cada céntimo dos veciños e veciñas.

Somos Cabanas só imos recibir ordes dos veciños e veciñas de Cabanas e aspiramos a ser a candidatura máis apoiada: os gobernantes déixannos sen representación catro anos, pois agora querémolo decidir todo!

SOMOS QUEN DE DECIDIR

¡!¡PARTICIPA CON NÓS E APOSTA POLO CAMBIO EN CABANAS¡¡¡

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *