Resumo rápido do Pleno ordinario de setembro de 2015

A seguir imos facer un resumo rápido do acontecido no Pleno do pasado mércores. Logo de dous meses de espera, o alcalde, Germán Castrillón compareceu publicamente diante da Corporación para dar explicacións sobre a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e sobre a demolición do Penso. Foi un pleno cargado de voltaxe pola importancia destes asuntos para o futuro do Concello.

Os votos da oposición no seu conxunto foron claves para sacar adiante as comparecencias propostas por Somos Cabanas. A explicación aberta e pública de dúas cuestións de especial relevancia para os veciños e veciñas de Cabanas dá comezo a unha nova maneira de facer as cousas desde o Pleno aberto.

O Pleno garantiu a legalidade ao non aprobar o acordo entre o alcalde e os propietarios afectados pola demolición do Penso, posto que non está informado preceptivamente nin polo Consello Consultivo de Galicia, nin pola Secretaría-Intervención, nin polos servizos técnicos municipais. O alcalde non achegou os autos, providencias e demais resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a execución das sentenzas de demolición.

Así mesmo, o Pleno aprobou cos votos da oposición as mocións de Somos Cabanas-PDDdG para gañar en transparencia e publicar documentación básica na web municipal e para reclamar a humanización da N-651 e unha reunión da Corporación coa Demarcación de Carreteras.

Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)

  • 1. Actas de sesións anteriores
  • Acta do Pleno ordinario de xullo
  • Acta do Pleno extraordinario urxente de setembro
    • A favor todos os concelleiros (11) APROBADAS
  • 2. Conta Xeral 2014
  • Conta Xeral
    • A favor: PP (5) APROBADA
    • Abstencións PSOE-BNG-AEC (5)
    • En contra Somos Cabanas (1)
  • 3. Proxecto de rueiro municipal (Novo cambio nos enderezos baseado no PXOM que falta por aprobar)
    • A favor: PP-PSOE-AEC (9) APROBADA
    • Abstención BNG-Somos Cabanas (2)
  • 4. Comparecencia do alcalde sobre o Penso (sería sen votación, só informativa)
  • Proposta irregular, fóra do punto da orde do día
    • A favor: PP (5) REXEITADA
    • En contra: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6)
  • 5. Comparecencia do alcalde sobre o PXOM
  • Sen votación. Só informativa
  • 6. Mocións sobre refuxiados (PP, PSOE, BNG)
  • Informe de Servizos Sociais: Crear un rexistro de familias de acollida. O concello non dispón de espazos que cumpran as normas de habitabilidade para acollida.
    • A favor: todos os concelleiros (11) APROBADO
  • Moción PP
    • A favor: PP (5) APROBADA
    • En contra: PSOE-BNG (4)
    • Abstencións: AEC-Somos Cabanas (2)
  • Moción PSOE
    • A favor: todos os concelleiros (11) REXEITADA
    • En contra: PP (5)
    • Abstencións: AEC-Somos Cabanas (2)
  • Moción BNG
    • A favor: PSOE-BNG (4) REXEITADA
    • En contra: PP (5)
    • Abstencións: AEC-Somos Cabanas (2)
  • 7. Moción BNG .gal, páxina web e retransmisión de Plenos
  • https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nS3ZMYWZIV2FuNXM
    • A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
    • En contra: PP (5+voto de calidade)
    • Abstención: AEC (1)
  • 8. Moción BNG sobre animais salvaxes en catividade
  • https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nXzVyQl9RUTA3V3c
    • A favor: BNG-Somos Cabanas (2) APROBADA
    • Abstención: PP-PSOE-AEC (9)
  • 9. Moción do grupo popular sobre promoción do leite galego
  • https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nSUh3Sms4NjNMX00

 

  • 14. Moción grupo socialista sobre suba do IVE actividades e bens culturais
  • https://drive.google.com/open?id=0B0-WqBeu3g7nanZ1akZjdHpKQzQ
    • A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
    • En contra: PP (5+voto de calidade)
    • Abstención: AEC (1)
  • 15. Informes de presidencia
  • 16. Mocións de urxencia (apenas se leu unha e non se entrou a votación)
  • O alcalde deu por rematado o Pleno ao chegar ás 12 h, logo dun minuto de silencio sen máis explicación.

 

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *