Resumo rápido do Pleno ordinario de outubro de 2015

Achegamos o noso habitual resumo rápido do acontecido no Pleno do pasado mércores. O pleno centrouse no debate de propostas da oposición que presentou un total de 5 mocións de ámbito local e outras 4 de ámbito xeral.

O Pleno aprobou cos votos da oposición a moción de Somos Cabanas-PDDdG para garantir o emprego público e sacar para provisión aberta e pública os postos vacantes ou os que se produzan por xubilación. A Corporación comprométese con esta moción a parar a supresión ou precarización de postos de persoal laboral que levou a cabo o PP na pasada lexislatura.

Asuntos da orde do día e votacións resumidas (entre paréntese o reconto de votos dos edís)

  • 1. Adhesión ao grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte
  • Acta de constitución
    • A favor todos os concelleiros (11) APROBADA
  • 2. Moción BNG sobre elaboración Regulamento de cesión e uso de locais municipais á veciñanza e entidades sociais (pendente sesión anterior).
    • A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
    • Abstención PP (5)
  • 3. Moción concelleiro do BNG a prol da ampliación da acreditación por violencia machista e da creación do estatuto do feminicidio.
  • Texto da moción  (houbo engadido do PSOE que non dispoñemos e foi rexeitado un engadido do PP)
    • A favor: PP-PSOE-BNG-Somos Cabanas (10) APROBADA
    • Abstención AEC (1)
  • 4.  Moción concelleiro de Somos Cabanas-PDDdG sobre servizos públicos municipais.
  • Texto da proposta aprobada
    • A favor: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6) APROBADA
    • En contra: PP (5)
  • 5.  Moción concelleiro de Somos Cabanas-PDDdG sobre medidas de protección do patrimonio local
  • Texto da proposta rexeitada (corrección de artigos 201 e 202 e engadido á espera do informe de Patrimonio Cultural)
    • A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
    • En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
    • Abstencións: AEC (1)
  • 6. Iniciativa grupo Socialista para cubrir postos vacantes.
  • Texto da iniciativa
    • A favor: PSOE-BNG (4) REXEITADA
    • En contra: PP (5)
    • Abstención: AEC-Somos Cabanas (2) por desacordo no punto 5 que non se puido votar por separado
  • 7. Iniciativa grupo Socialista para mellorar accesos internet no CEIP Eladia Mariño.
  • Texto da iniciativa
    • A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
  • 8. Iniciativa grupo Socialista sobre rexistro de empresas e traballadores autónomos.
  • Texto da iniciativa
    • A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
  • 9. Declaración de concello solidario co Alzheimer
    • A favor: PP-PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (11) APROBADA
  • 10.- Parte de control órganos da Corporación.
    1.- Informes da Presidencia.
    a) Resolucións da Alcaldía.
    b) Informe sobre a execución trimestral 3°T/2015.
    c) Informe trimestral sobre a morosidade 3°T/2015. 11.
  • 2.- Mocións de urxencia
  • a) ILP Confederación Intersindical Galega (presentada polo concelleiro do BNG)
    • A favor da urxencia: PSOE-BNG-AEC-Somos Cabanas (6)
    • En contra da urxencia: PP (5)
    • Votación final:
    • A favor: PSOE-BNG-Somos Cabanas (5) REXEITADA
    • En contra: PP (5+voto de calidade do alcalde)
    • Abstencións: AEC (1)
  • 11. Rogos e preguntas.
  • Preguntas por escrito de Somos Cabanas de setembro, sen contestar durante un mes
  • Preguntas por escrito de Somos Cabanas de outubro
  • Ademais Somos Cabanas preguntou e suxeriu oralmente:
  • – Resultado das xestións sobre a moción de Somos Cabanas para reclamar o servizo de Pediatría no centro de Saúde de Cardeita. O goberno contestou que está pendente de Sanidade.
  • – Situación das obras previstas para mellora do firme en Vilar do Colo (sen comezar aínda). Xa se informará
  • -Suxestión para substituír o mobiliario deteriorado do colexio público Eladia Mariño.
  • – Suxestión para combater a praga de bichería no colexio (nestes días houbo un caso de picadura), trazas, nésporas, etc.

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *