Resumiño do Pleno ordinario de xuño de 2016

O alcalde do PP segue a aplicar a lei do embudo con Somos Cabanas nos plenos, neste caso vetou a inclusión de dúas propostas nosas na Orde do Día do Pleno, unha para derrogar a ordenanza de condutas cívicas e mais para bonificar a contribución de construcións relacionadas con actividades navais e agrogandeiras ou que instalen sistemas de aproveitamento solar ou estudar a aplicación de bonificacións para edificios históricos. Así a todo, presentamos recurso contra o decreto de convocatoria por vulnerar o principio democrático que non foi contestado polo alcalde reafirmando a súa actitude ditatorial. Somos Cabanas preocupámonos especialmente por asuntos que lles afectan ás persoas máis desfavorecidas como a renda básica, tamén pola situación dos veciños do Penso, polo PXOM, etc.

No debate foron outras dúas propostas da oposición e o goberno levou dúas solicitudes de subvención, unha para asfaltar varios camiños e outra para aproveitar auga para duchas, fontes e servizos no areal da Madalena.

Na parte de mocións de urxencia insistimos coa presentación das dúas propostas amordazadas pola gran coalición. Estas iniciativas obtiveron só os votos favorables dos compañeiros do grupo mixto (BNG e AEC) para incluílas na orde do día. Agradecémoslles desde aquí o respecto aos dereitos democráticos.

Somos lexión! Hai marea!

Parte resolutiva

  • 4. Comparecencia sobre as actuacións en materia de instalación de desfibriladores: Proposta concelleiro BNG. Sen votación, non se cumpriron os requisitos do artigo 105 do ROF.
  • Texto da proposta.
  • O alcalde dispuxo directamente a comparecencia e o goberno local informou de que vai colocar dous desfibriladores, un no campo de fútbol da Veiga e outro no CEIP Eladia Mariño.
  • 5. Seguimento de mocións aprobadas. Proposta concelleiro BNG. REXEITADA 
  • Texto da proposta.
  • O alcalde dispuxo directamente a comparecencia e o goberno local informou de que vai colocar dous desfibriladores, un no campo de fútbol da Veiga e outro no CEIP Eladia Mariño.
    • A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (5).
    • En contra: PP (5). Desempata o voto de calidade do alcalde.
    • Abstención: AEC (1)
  • Parte de control órganos da Corporación
  • Mocións de urxencia (art. 97.3 do ROF). O alcalde púxose nervioso, equivocouse ao introducir unha proposta de urxencia antes de informes de presidencia.
  • A) Saneamento en Lavandeira. Posta a disposición dos terreos para a licitación da obra. APROBADA A URXENCIA (abstención do BNG). A seguir foi aprobada a proposta por todos os membros (11 A FAVOR).
  • [… Continuación das mocións de urxencia:]
  • B) Bonificacións contribución. Moción de urxencia de Somos Cabanas-PDDdG
  • REXEITADA A INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA.
    • A favor: BNG, AEC, Somos Cabanas (3).
    • En contra: PP (5)
    • Abstención: PSOE (3)
  • C) Derrogación da ordenanza de condutas cívicas. Moción de urxencia de Somos Cabanas-PDDdG
  • REXEITADA A INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA.
    • A favor: BNG, AEC, Somos Cabanas (3).
    • En contra: PP (5)
    • Abstención: PSOE (3)
  • 9. Rogos e preguntas. Somos Cabanas: 17 preguntas e 3 Suxestións
  • As suxestións son propostas directas ao goberno, segundo o artigo 97.6 do ROF. Seguimos presentado propostas e iniciativas de control.
  • Preguntas orais (2)
  • 1. Preguntamos por que o concello non fixo informe da policía local sobre o estado do camiño de Fontao e cando se realizara o asfaltado. Contestación do alcalde: pasa palabra.
  • 2. Preguntamos polos autos e providencias que non están na secretaría municipal sobre a derruba do Penso. Contestación do alcalde: pasa palabra.
  • Suxestións orais (2)
  • 1. Suxerimos o debate en Pleno para concretar como o Concello de Cabanas debe garantir un sepelio digno.
  • 2. Suxerimos que as bases de selección de persoal se pasen por Comisión para ditame antes de seren aprobadas por decreto da alcaldía.
  1. Soubemos que hai veciños que collen auga na fonte de Fontao, tamén acontece noutras fontes municipais. En que condicións está a auga das fontes públicos para o consumo? De existir problemas de potabilidade que medidas ten previsto adoptar o concello?
  2. Por informarnos da situación do Penso non cometemos ningunha imprudencia, só exercemos un dereito fundamental á información e a que as administracións públicas actúen con transparencia. Alá vostede e o seu mundo de bos e malos. En que situación se atopa a execución da primeira fase? Cando ten previsto que volvan os veciños afectados ás súas vivendas? O concello paga os alugueiros e os gastos comprometidos coas persoas afectadas? Cando se achegará o informe técnico municipal sobre o expediente patrimonial que vostede ten paralizado? Xa resolveu a denuncia presentada polo veciño que denunciou?
  3. Varias cidades acaban de aprobar a renda social para axudar a familias necesitadas. Na Coruña, por exemplo, esta axuda supón 2,1 millons de euros en relacion a un orzamento de 244 millons de euros, é dicir, un 1%. O PP preveu cun orzamento de 2 millons de euros unha cifra bastante inferior aos 20.000 euros que seria ese 1%. Considera o alcalde lóxico que haxa máis gasto superfluo nos orzamentos de 2016 ca apoio ao conxunto de familias necesitadas do concello de Cabanas? Cre que cunha fotografía para a galería xa se acaba coa pobreza na bisbarra ou é necesario un apoio maior?
  4. Houbo unha comunicación do colexio de avogados sobre desafiuzamentos. Que medidas ten previsto adoptar en relación a desfiuzamentos no concello?
  5. No informe de Ecoloxistas en Acción para 2016 outórgaselle unha bandeira negra por mala xestión ao PXOM do arquitecto Antonio De Vega na localidade lucense de Barreiros onde se quere legalizar un convenio ilegal coa connivencia da Xunta. Pretende o alcalde de Cabanas lograr co PXOM outra bandeira negra para Cabanas? Está ao tanto que o PXOM de Abegondo acaba de ser anulado polo TSXG porque as proxeccions demograficas e o estudo económico non eran realistas? Vai renovar o contrato co redactor para seguir co plan?
  6. A través do decreto 235/2016 o alcalde solicitou subvención ao INEGA para “Reforma e mellora enerxético do alumeado público do Areal” por un importe de 11.866,62 €. En que consiste esta actuación?
  7. No decreto 266/2016 contratou a través de procedemento negociado sen publicidade a actuación “Roce e limpeza do parque do Areal no Concello de Cabanas” por un importe de 3.466,65 €. Que actuacións se realizaron?
  8. Produciuse un accidente nas actividades municipais a causa do cal un pequeño rompeu un dente. O concello indemnizou con 60 € á familia do menor afectado. O concello dispón de seguro de responsabilidade civil para estas incidencias?
  9. Como non responde volvémoslle a preguntar por cuarta vez pola vixencia da acta entre o Concello e a Demarcación de Carreteras de 19 de decembro de 1983. Pódenos contestar a pregunta pendente de marzo, abril e maio na presente sesión? Quen determina as aliñacións nas vías urbanas? Está a ceder o goberno local os bens e inmobles de Cabanas ao proxecto do Ministerio de Fomento?
  10. O alcalde asegurou nun medio radiofónico que o goberno central xa aprobou un proxecto modificado para a N-651. Cando prevé que se someterá a información pública? Pódenos explicar as modificacións?
  1. O concello de Ordes comunicou a existencia de cans abandonados no Camiño de Santiago que transcorre por Cabanas. Que actuacións levou a cabo o goberno local para resolver esta incidencia?
  2. A Axencia Tributaria de Madrid remitiu un acordo polo que se inicia e comunica un trámite de audiencia sobre expediente sancionador.
  3. O pasado 21 de xuño o Departamento Territorial de Sanidade na Coruña comunicou a detección de “contaminacion microbioloxica na auga de baño”. Que medidas se adoptaron por parte do goberno local?
  4. En relación cos chalés de Cardeita, un hórreo desaparecido e a tramitación de expediente de reposición da legalidade. En que situación se atopan todas estas cuestións?
  5. En relación cos chalés ilegais do Pombal e xa próximos a que transcorran os 6 anos establecidos pola lei. Que actuacións vai realizar a alcaldía para garantir a obriga de reposición da legalidade? 

SUXESTIÓNS

  1. Por un momento póñanse nos zapatos dos que están pasando por graves dificultades económicas e á vista do orzamento municipal para o presente ano, suxírolles un incremento significativo das achegas destinadas a emerxencia social e atención social.

 

You may also like...

1 Response

  1. 5 Novembro, 2016

    […] propostas de modificación de Somos Cabanas bloqueadas en xuño de 2016 co voto en contra do PP e a abstención do PSOE para bonificar nun 95% a contribución do sector […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *