Resumiño do Pleno ordinario de novembro de 2016

No pleno ordinario do mes de novembro, deuse a coñecer a sinatura dunha coalición de goberno entre o PP e a Agrupación de Electores de Cabanas. Con todo, Somos Cabanas volveu tomar a iniciativa e puxo en evidencia as deficiencias do goberno local do PP no ámbito da atención social, recorte de dereitos e transgresión da lei.

A participación veciñal ao remate do pleno prosegue con normalidade unha sesión máis e as veciñas fixeron preguntas sobre obras nas Viñas, sobre as expropiacións non pagadas na estrada da Deputación e sobre problemas coa auga no Penso. O alcalde, como é habitual, eludiu contestar. Lamentamos que siga habendo concelleiros que se erguen antes de que remate a rolda. Con todo, as veciñas seguen a exercer o seu dereito.

Non asistiu un concelleiro do PSOE.

Parte resolutiva

  • 1. Aprobación se procede de actas de sesións anteriores. Aprobada por asentimento.
  • Acta do 30 de agosto 2016
  • 2. Expediente de modificación de crédito 10/2016. Proposta do goberno local. APROBADO.
  • Memoria da Modificación de crédito
  • As intervencións do concelleiro de Somos Cabanas cuestionando o destino dos cartos públicos podes velas a seguir. Claras e directas contra as políticas privatizadoras do PP, un PXOM excluínte, etc.:
    • A favor: PP, AEC (6).
    • En contra: Somos, BNG (2)
    • Abstención: PSOE (2)
  • 3. Modificación ordenanza fiscal da taxa por expedición de documentación de tenza de animais. APROBADA.
  • Proposta de Ordenanza de tenza de animais
  • Soben as taxas por licenza por cans potencialmente perigosos dos 15 aos 25 euros, a ficha identificadora para cans de raza potencialmente perigosa dos 5 aos 10 euros e a renovación de licenzas dos 9 aos 12 euros.
  • As intervencións do concelleiro de Somos Cabanas preguntando polos gastos do servizo podes velas a seguir:
    • A favor: PP, AEC (6).
    • En contra: Somos Cabanas (1), por carecer de estudo económico e ser arbitraria a suba
    • Abstención: PSOE/BNG (3)
  • 4. Escrito Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro sobre elaboración dun Plan de reequilibrio Económico-Financeiro. APROBADO.
  • Requirimento do goberno do Estado.
  • O goberno do Estado requírelle ao goberno local un Plan Económico-Financeiro. O requirimento, consecuencia da Lei Montoro que propuxemos derrogar en plenos anteriores, advirte de aplicación de medidas coercitivas.
  • O concelleiro da marea local pediu explicacións polos 28.000 euros de desfase e achacounos ás cacicadas para intentar gañar as eleccións sen que o alcalde explicase os motivos:
    • A favor: PP, AEC (6).
    • En contra: Somos Cabanas, BNG (2)
    • Abstención: PSOE (2)
  • 5. Actuacións urxentes para mellora da seguridade estrada do Barreiro DP-1502 e anexas. Moción do BNG. REXEITADA
  • Batería de propostas sobre deficiencias na obra que fixo a Deputación da Coruña no Barreiro. Parecéronnos ben inda que faltaban cuestións comentadas polos veciños.
    • A favor: PSOE, BNG, Somos Cabanas (4).
    • En contra: PP, AEC (6)
  • 6. Instalación de puntos de carga para vehículos eléctricos. Moción do BNG. REXEITADA
  • Proposta xenérica sobre o asunto dos vehículos eléctricos, non está pensada para a realidade de Cabanas e Somos Cabanas abstívose.
    • A favor: PSOE, BNG (3).
    • En contra: PP, AEC (6)
    • Absteción: Somos Cabanas (1)
  • 7. Comparecencia en Pleno sobre a actuación de cara a celebración do “Ano Andrés do Barro”. Proposta do BNG
  • A concelleira de Cultura pediu participación dos grupos na elaboración do programa. Adiantou que se xuntará coas asociacións do Concello.
  • Non houbo votación e séguese facendo sen os trámites regulamentarios as comparecencias que deben ser aprobadas previamente polo Pleno.
  • 8. Orzamentos participativos. Proposta de Somos Cabanas. REXEITADA
  • Somos Cabanas presentou esta moción para abrir un proceso participativo real e non partidista como ata o de agora se está a facer desde o goberno local. Incorporou e enriqueceu a proposta coas achegas do PSOE e AEC, e o PP pechouse na súa maioría circunstacial para rexeitar a proposta de plano. A votación por puntos evidenciou a primeira asintonía da nova coalición de goberno local.
  • As exposicións e votacións dos puntos 8 e 9:
  • Punto 1 da proposta:
    • A favor: PSOE, BNG, AEC e Somos Cabanas (5)
    • En contra: PP (5). Segunda votación desempatou o voto de calidade do alcalde.
  • Punto 2 da proposta:
    • A favor: PSOE, BNG, AEC e Somos Cabanas (4)
    • En contra: PP (5)
    • Abstención: AEC (1)
  • 9. Implantación de medidas contra a pobreza enerxética. Proposta Somos Cabanas. APROBADO o primeiro punto. REXEITADOS puntos 2 e 3
  • Na liña da proposta exposta meses antes no Pleno concretamos unha proposta de acordo para impulsar medidas de cara a evitar cortes de luz e aplicar medidas de loita contra a probreza enerxética. Volveuse evidenciar o voto separado da coalición de goberno local. Modificouse superficialmente coa achega de perogrullo do alcalde de que o convenio cumpra a lei e coa achega de  AEC para que o estudo se fixese segundo o criterio dos servizos sociais.
  • Presentou dous puntos de emenda o compañeiro do Grupo Mixto, Sr. Varela Martínez, sen maiores explicacións ata o pleno pese a atoparse de fronte co concelleiro de Somos Cabanas momentos despois de enviala. Engadímolos ao final da proposta inda que non achegaban nada concreto ao que xa pode facer o concello co seu persoal. A crítica deste concelleiro á proposta de Somos Cabanas tampouco foi acertada.
  • Punto 1 da proposta.  APROBADO:
    • A favor: PP, PSOE, BNG, AEC e Somos Cabanas (10)
  • Punto 2 da proposta. REXEITADO:
    • A favor: PSOE, BNG, AEC e Somos Cabanas (5)
    • En contra: PP (5). Segunda votación desempatou o voto de calidade do alcalde.
  • Punto 3 da proposta. REXEITADO:
    • A favor: PSOE, BNG, AEC e Somos Cabanas (4)
    • En contra: PP (5)
    • Abstención: AEC (1)
  • Emenda 1 da proposta. REXEITADA:
    • A favor: PSOE, BNG, AEC e Somos Cabanas (4)
    • En contra: PP, AEC (6)
  • Emenda 2 da proposta. REXEITADA:
    • A favor: PSOE, BNG (3)
    • En contra: PP, AEC (6)
    • Abstención: Somos Cabanas (1). Non estamos de acordo coa externalización de servizos a chiringuitos da administración e tampouco compartimos que o texto promova aplicar recortes a persoas que non consumen.
  • 10. Intolerancia ao glute. Moción do PSOE. APROBADA. 
  • A proposta mereceu o noso apoio, foi modificada naqueles aspectos que pediron desde o goberno.
    • A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (10).
  • 10. Declaración institucional contra a violencia de xénero 
  • Procedeuse á lectura dunha declaración institucional polo 25-N, Día contra a Violencia de Xénero.
  • Parte de control órganos da Corporación
  • 11. Informes da Presidencia
  • a) Resolucións da alcaldía
  • b) Informe sobre a execución trimestral 3ºT/2016
    c) Informe trimestral sobre PMP 3ºT/2016
  • 11. Rogos e preguntas. Somos Cabanas: 14 preguntas e 4 Suxestións
  • As suxestións son propostas directas ao goberno, segundo o artigo 97.6 do ROF. Realizamos propostas e iniciativas de control por achegas de veciños e asociacións.
  • Preguntas orais (3)
  • 1. Preguntamos polo funcionamento das placas solares que ten instaladas a Casa do Concello. O alcalde respondeu que non.
  • 2. Interesámonos pola retirada dos postes vellos do parque infantil do Concello. O alcalde contestou que os ían retirar.
  • 3. Preguntamos polo roubo de material de peche e polo abandono do depósito de agua en Monte Neme (A Pedra do Couto). Contestou que tiña coñecemento.
  • Suxestións orais (2)
  • 1. Suxerimos o desatasque do saneamento no camiño de Formarís, pasámoslle as coordenadas. Contestou que si pero ata dous meses despois do problema, cando xa chegaba o xurro á estrada das Pontes non actuou.
  • 2. Suxerimos outro desatasque de saneamento no Barreiro.
  • Preguntas (11) e suxestións escritas (2)
  • Mírao ti mesmo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *