Resumiño do Pleno extraordinario de agosto de 2016

  • Neste pleno de final de agosto, o PP aproveitou para introducir a mellora da seguridade vial na N-651, un proxecto polémico que ten bastantes deficiencias que malia a seren alegadas anteriormente polos veciños vai requirir un especial seguimento.
  • Ao final do Pleno, a pesar de querer pasar de puntiñas polo asunto unha veciña fixo preguntas e explicou cuestións relativas ao proxecto da N-651 que o alcalde non soubo contestar. Unha vez máis, a importancia de abrir os plenos á participación veciñal desarma a un alcalde desorientado e sen proxecto de concello.
  • 1. Sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento de Galicia. Sen votación.
  • 2. Proxecto e posta a disposición de terreos da senda entre pontes no Día Oito. APROBADA.
  • O concelleiro de Somos Cabanas optou pola abstención á vista de que o informe do técnico municipal advertía de que o proxecto non delimitaba as propiedades afectadas de distintas administracións e polo tanto podíase estar aprobando un proxecto para actuar sobre terreos alleos ao concello de Cabanas.
    • A favor: PP, PSOE, BNG, AEC (10).
    • En contra: Somos Cabanas (1)
  • 3. Informe Proxecto Actuacións para a mellora da seguridade vial estrada N-651 PK 20,500 ao 26,900 TM Cabanas. APROBADO o proxecto e remitir as alegacións.
  • Informe do técnico municipal
  • Á vista do informe técnico municipal feito o 8 de agosto e non achegado aos membros da corporación ata a comisión do 26 de agosto, Xosé Manuel expresou o seu malestar a que o PP deixase pasar o prazos e non defendese os intereses xerais de Cabanas que tal e como expresa o arquitecto municipal se poden ver afectados. Manifestou que o arquitecto debería concretar as afeccións aos bens municipais, pero na xestión do asunto o alcalde deslumbrouse co brillo das losetas e abandonou a defensa dos intereses xerais dos veciños e veciñas. Por este motivo e porque as alegacións veciñais non se achegaron cun informe do técnico municipal para defendelas mellor votamos en contra.
    •  A favor: PP, PSOE, BNG, AEC (10)
    • En contra: Somos Cabanas (1)
  • 4. Ratificación de Decretos da Alcaldía. Plan hUrbe e Punto de Atención á Infancia.
  • Votamos a favor das dúas solicitudes.
    •  A favor: PP, PSOE, BNG, AEC, Somos Cabanas (11)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *