PXOM

2015-… PXOM en proceso de aprobación provisional

O Plan Xeral está paralizado polo goberno local que prioriza resolver os problemas urbanísticos de promotores pata negra en detrimento dos intereses xerais.

Xuño de 2017. Versión 2.0 Documentación para aprobación provisional entregada aos concelleiros

2016. Versión 1.0 Documentación para aprobación provisional entregada aos concelleiros

2014.  Aprobación inicial

PXOM aprobado inicialmente polo PP en xaneiro de 2014 (documentación parcial do equipo redactor). Recibiu 850 alegacións no período de exposición pública que rematou en abril de 2014.

Sectores urbanizables que delimita el PXOM de Cabanas. En medio, el SUD-1, de diez hectáreas. / la opinión

2009.  Documento de inicio

O goberno de PP e AEC rexeitou facer un Avance de Planeamento máis participativo.

  • Avaliación Ambiental Estratéxica. Con resumo das alegacións feitas no período de exposición: Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Cabanas, 0932/2009, 10/09/2009 a 10/10/2009

2000 a 2008: Breve historia dos plans

Cabanas sacou a concurso en cinco ocasións o seu planeamento urbanístico na década dos anos dez.

O primeiro intento de sacar adiante un Plan Xeral foi en 2000. O goberno de Modesta Anca (PSOE)  con maioría absoluta contratou en 2000 a redacción do plan xeral ao equipo de Mónica Mesejo que realizou un Avance de Planeamento que recibiu 160 suxestións. Foi entregado para aprobación definitiva meses antes de entrar en vigor a Lei do Solo de 2002 pero o goberno en maioría do PSOE non o levou a pleno. O Plan Xeral de Mesejo, no que o concello investira 66.000 euros, quedou aparcado. Foi o máis avanzado ata o momento con todos os informes das administracións públicas emitidos.

En 2004 o Concello tentou, sen éxito, adaptar o plan existente á nova normativa en vigor. Na seguinte intentona, o Concello sacou de novo a concurso a redacción do PXOM, por 175.000 euros, en 2005 e a finais de ano o pleno declaraba deserto o concurso. O Goberno local, entón presidido pola ex alcaldesa Modesta Anca, en minoría, rexeitou catro empresas por incumprir as condicións fixadas e outras dúas, Monte Oliva Arquitectura e Proes, case empatan (72 e 68 puntos, respectivamente), polo que segundo destacou entón IVC: “Esa pequena diferenza non resolve cal posúe mellores calidades e sería unha manifesta falta de responsabilidade escoller unha”.

O Concello de Cabanas, gobernado pola coalición PP e AEC, sacou en 2008 a concurso, por cuarta vez, a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O último intento do Concello para dispoñer desta ferramenta urbanística tivo lugar en agosto e a convocatoria quedou deserta. O Concello pechou o prazo para a presentación de ofertas o luns 18 de agosto sen recibir ningunha proposta, a pesar de que ampliou o período da convocatoria en dous días ao coincidir a data límite en sábado e en período vacacional. Foi a segunda ocasión na que o Goberno local de Cabanas declarou deserto o concurso para a contratación do plan urbanístico, aínda que a primeira en que non recibiu ningunha proposta. Destinaba á elaboración 143.000 euros.

Na quinta foi a vencida e en decembro de 2008, PP e AEC adxudicaron en solitario a elaboración do planeamiento urbanístico á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por DVega Arquitectura Territorio Medio Ambiente SL e Proyestegal SL, por 150.000 euros. A UTE dispoñía dun prazo de dous anos para realizar o traballo.

Novas relacionadas 2008-2011:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/08/05/licitacion-plan-urbanistico-cabanas-contiene-errores/211509.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/08/12/cabanas-amplia-plazo-adjudicacion-planeamiento/213089.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/09/02/cabanas-encuentra-equipo-elabore-plan-urbanistico/217909.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/10/11/cabanas-saca-concurso-cuarta-vez-plan-urbanistico/227924.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2008/12/13/cabanas-adjudica-redaccion-planeamiento-143000-euros/244274.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/01/14/concello-cabanas-emprende-redaccion-plan-urbanistico/251602.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/06/27/vecinos-cabanas-participan-redaccion-plan-general/299165.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/09/12/cabanas-opta-completar-trama-urbana-vez-expandirla/318656.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/09/13/cabanas-concello-dependiente/318832.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2010/08/10/cabanas-retrasara-tramitacion-plan-general-exigencias-xunta/409331.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/06/25/cabanas-nuevo-estudio-cartografia-plan-general/396813.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2010/12/15/cabanas-da-prioridad-plan-urbanizacion-igual-10-campos-futbol/448331.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/12/16/plan-cabanas-preve-residentes-aparquen-playa/448676.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2010/12/17/xunta-exige-cabanas-justifique-necesidad-ampliar-poligono-industrial/449069.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2010/12/18/cabanas-preve-proteger-cuenca-rio-castro-plan-general/449438.html

http://www.laopinioncoruna.es/metro/2011/03/05/xunta-restringe-ampliacion-poligono-vilar-do-colo-cabanas/473774.html