Somos maioría - Cabanas



En Cabanas tamén Somos maioría

Nós, persoas que asinamos e temos apoiado o manifesto Somos Maioría, veciños e veciñas de Cabanas:
Cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostas a poñer en práctica para o noso concello o que en dito manifesto se proclama:
Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
Promover e alentar candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar a crear un espazo de entendemento para que en Cabanas poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.
Por iso, convidamos a quen asuma estes postulados que asine o manifesto en Somos maioría e/ou que asista á convocatoria aberta para poñer en marcha unha candidatura de unidade cidadá en Cabanas, unha marea ao abeiro do manifestado en Somos Maioría.


Convocatoria aberta:
Lugar: ao carón da oficina de turismo, O Areal
Día: xoves 28 de agosto de 2014
Hora: 19.30 h


Cabanas, a 19 de agosto de 2014

Cabanesas/es asinantes do manifesto Somos maioría

Persoas apuntadas


48

Para decidir e gañar Cabanas!

Apúntate no seguinte formulario, podemos transformar o concello!




De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de SOMOS MAIORÍA para seren empregados na propia iniciativa. A persoa asinante resolverá calquera xestión sobre os seus datos a través do correo info@somosmaioria.org



(*) Texto do Manifesto Somos Maioría. Publicaremos os datos autorizados (nome e apelidos, actividade e localidade) na páxina Máis sinaturas. Esta páxina non lles permite a indexación dos datos aos principais buscadores de Internet