Candidatura polo cambio en Cabanas

==============================================================

*******************************ELECCIÓNS 2019******************************

==============================================================

Consulta sobre as eleccións de 2019

Logo de case tres anos de traballo local, en xaneiro de 2018 decidimos que facer de cara ás eleccións locais de 2019. A asemblea veciñal tivo unha votación alta que se achegou ao 70% do censo de inscritas e estes foron os resultados:

  • Candidatura de confluencia

PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS: 27 VOTOS (100%)

NON PRESENTARSE: 0 VOTOS

  • Fórmula de presentación da candidatura de confluencia

En Marea: 24 VOTOS (88,9%)

PDDdG: 2 VOTOS (7,4%)

Agrupación de Electores: 0 VOTOS (0)

Branco: 1 VOTO (3,7%)

Como colectivo veciñal aberto, horizontal e autoorganizado impulsamos a candidatura ás anteriores eleccións locais, conseguimos representación no Pleno da Corporación e abrimos as portas á participación activa da veciñanza no Pleno.  A ano e medio das vindeiras eleccións decidimos continuar o traballo feito e solicitaremos a colaboración de En Marea, organización galega que vimos apoiando desde novembro de 2015.

Como xa fixemos en 2015, chamaremos á unidade popular alternativa ao réxime do ’78 para conseguir o cambio que tanto lle fai falta a Cabanas. Ademais, abriremos un novo proceso participativo para anovar as liñas programáticas básicas e o código ético e mais para regular o proceso de primarias abertas.

Xuntas somos máis!

==============================================================

*******************************ELECCIÓNS 2015******************************

==============================================================

Resultado das Primarias Abertas (2015)

O sábado 14 de marzo de 2015 tiveron lugar as votacións para determinar as bases da candidatura de unidade cidadá de Cabanas.  Aprobáronse co 94% dos votos as liñas programáticas básicas e o código ético.

Así mesmo, o resultado das primeiras primarias abertas en Cabanas organizadas por unha candidatura de unidade cidadá veu precedido dunha participación do 71% das persoas inscritas (algo máis do 1% do censo electoral de Cabanas).

Orde dos 5 primeiros postos da candidatura de unidade cidadá (2015)

1. Xosé Manuel Pérez Sardiña: 235 puntos

2. Anxo Pena Fontenla: 167 puntos

3. Teresa García Pita: 145 puntos

4. José Antonio Doce Luaces: 128 puntos

5. María Golpe Vázquez: 107 puntos

(puntuación aplicada segundo o método Borda)

Denominación da candidatura de unidade cidadá local (2015)

SOMOS CABANAS: 27 VOTOS

Outra denominación: 4 VOTOS

Branco: 3 VOTOS

Persoas apuntadas á candidatura (2015)

13

Logo de validar o pasado mes de agosto en asemblea aberta e pública con máis do 1% de sinaturas do censo electoral a presentación dunha candidatura local de unidade popular polo cambio e de debater e concretar en sucesivas asembleas unhas liñas programáticas básicas e un borrador de código ético acordamos abrir o proceso participativo para formar a candidatura e completar estes dous documentos.

Apúntate á candidatura local

Abrimos o primeiro período de inscrición para aquelas persoas interesadas en presentarse nun proxecto de unidade popular polo cambio en Cabanas. Se estás interesado en traballar para os veciños de Cabanas introduce abaixo os teus datos.


O primeiro prazo estará aberto ata o 20 de febreiro

* Campos obrigatorios

Por que te candidatas?
Es el caso de Cabanas, donde PSOE, BNG y Somos Cabanas mantuvieron un encuentro el pasado jueves para acercar posturas e impulsar un cambio de gobierno encabezado por el socialista Delfin Feal. A esta reunion no asistio AEC por problemas de agenda, segun justificaron, pero en todo caso para el proximo lunes hay convocada una nueva reunion.
Por un novo concello
Porque considero a actividade pública como un servizo aos cidadáns, penso que a cidadanía ten que recuperar as institucións.
para derrotar a castrillon
Para axudar aos veciños!
Para acadar o cambio en Cabanas que tan necesario é.
Quero participar na devolución aos veciños de Cabanas do control do Concello.
Non quero que ninguen decida por min, nin decidir eu por ninguen.
Porque creo que debe haber un cambio político no concello con máis transparencia e participación veciñal.
Por un novo concello