Cabanas valida o manifesto Somos Maioría

Cabanas.- A asemblea de Somos Maioría de Cabanas acadou máis do 1% das sinaturas do censo municipal necesarias para validar o obxectivo de crear unha candidatura cidadá e un programa electoral para presentarse ás vindeiras eleccións municipais. Así queremos:

1. Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.


2. Promover e alentar candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

A primeira fase de validación superouse con 38 cabanesas e cabaneses que asinan pola necesidade de crear unha candidatura de base cidadá para gañar o concello dentro de oito meses.

Isto só é o comezo e dános azos para facer unha política diferente, baseada na democracia directa e na transparencia.

Comeza polo tanto a segunda fase que non é outra que confluír, xuntar vontades e crear as bases para levar o bon goberno e o goberno participativo ao Concello de Cabanas.

24 de setembro de 2014

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *