Corporación local

Corporación local de Cabanas

A lexislatura comezou co goberno en minoría do PP de xullo de 2015 ata novembro de 2016 grazas á abstención da Agrupación de Eletores de Cabanas.

En decembro de 2016, Partido Popular e Agrupación de Electores de Cabanas asinan un acordo de goberno e desde aquela gobernan en coalición.

Órganos básicos:

Alcaldía (soldo bruto 30.000 €, 10.000 € seguridade social). Tres tenencias de alcaldía e cinco delegacións de área sen firma.

Pleno (100 €/concelleir@/xuntanza). Mensual agás agosto e decembro

Comisións informativas

Comisión de Asuntos do Pleno, con funcións de Comisión especial de suxestións e reclamacións (100 €/concelleir@/xuntanza). Mensual agás agosto e decembro

Comisión informativa Especial de Contas, Facenda e Persoal (100 €/concelleir@/xuntanza). Cando haxa asuntos da súa competencia para Pleno

Comisión informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Emprego (100 €/concelleir@/xuntanza). Cando haxa asuntos da súa competencia para Pleno

Outros órganos non previstos na lexislación vixente:

Xunta de voceiros (100 €/voceir@/xuntanza)

Xunta de delegados (150 €/delegad@/xuntanza)

Grupos municipais e voceiros. Tenencias e delegacións da alcaldía:

Grupo Municipal Popular (858 votos)
D. Germán Castrillón Permuy. Alcalde

D. Manuel Gonzalez López, portavoz, 1º tenente de alcalde. Voceiro GMP
Delegación en inspección e xestión en materia de obras, ambiente e relación coas asociacións.

D Javier Fernández Brage, 2ª tenente de alcalde, (en substitución de Ana Rosa Méndez Eiroa)
Delegacións en benestar, igualdade, servizos sociais, sanidade e industria.

Dª Esperanza Gayoso Pereiro, 3ª tenente de alcalde,
Delegación en turismo, cultura, educación, patrimonio cultural, xuventude, festas, feiras e mercados.

D. Julián Seijas Criado, delegación en medio rural e infraestruturas.

Grupo Municipal Mixto (544 votos)
D. Iago Varela Martínez (BNG), covoceiro GMM
Dª Eva María García Amor (Agrupación Electores de Cabanas), covoceiro GMM. Delegación en servizos e parques.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña (PDDdG- Somos Cabanas), covoceiro GMM

Grupo Municipal Socialista (434 votos)
D. Delfín Feal Pereira, voceiro GMS
D. Carlos Ladra Brage
Dª Concepción Rodriguez Ferreiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *