Concelleiros non adscritos de Cabanas solicitan apoio do Pleno ás alegacións veciñais sobre o PRUX das Fragas do Eume

20150208_112253 (1)

Asemblea aberta da Capela

Teresa García e Ángel Pena demandan que o pleno da corporación se celebre antes do 24 de febreiro para que as alegacións teñan plena validez

Cabanas.- O vindeiro domingo 24 de febreiro remata o prazo para presentar observacións e alegacións ao Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do parque natural das Fragas do Eume e os concelleiros non adscritos. Os concelleiros xa rexistraron individualmente as alegacións achegadas polas asociacións de propietarios pero entenden que o Pleno do Concello de Cabanas tamén debe apoiar as observacións dos propietarios das Fragas do Eume.

O pasado domingo, o edil Angel Pena púxose en contacto co representante do PSOE para asinar a convocatoria dun Pleno extraordinario. Non obstante, ao día seguinte e sen previo aviso o socialista rexistrou unha moción para debater en marzo, xa fóra de prazo para alegar. Os concelleiros non adscritos aseguran descoñecer o contido desa moción presentada en solitario.

Como ao longo da semana o PSOE non comunicou o seu interese por solicitar conxuntamente Pleno extraordinario, os concelleiros non adscritos decidiron solicitar hoxe un Pleno extraordinario da Corporación antes do 24 de febreiro que inclúa un punto sobre alegacións ao PRUX das Fragas do Eume.

Así mesmo, propoñenlle ao alcalde que se poida votar nese punto a proposta de alegacións presentadas polas asociacións de propietarios das Fragas do Eume. Con esta solicitude, estes edís de Cabanas trasládanlles a todos os grupos que as alegacións veciñais deben ser motivo de unión de todos os grupos políticos e piden a unanimidade do Pleno en favor dos intereses xerais dos veciños.

Máis información:

Os propietarios informaron que xa teñen máis de 700 alegacións presentadas que inclúen:

a) demandar compensacións económicas polo atraso na aprobación do documento e polas consecuencias que suporá a súa posta en marcha

b) substituír o programa económico que recolle o actual proxecto por outro novo máis detallado

c) introducir un mapa no que aparezan delimitadas cada unha das zonas de protección

d) e posta en marcha dun plan de financiamento acorde ao programa comunitario de Financiamento da Rede Natura 2000.

Nas dúas últimas follas das alegacións, cada un dos propietarios solicita á Consellería de Medio Ambiente que “o máis axiña posible” lle responda a un cuestionario sobre os usos que poden facer en cada unha das parcelas de que as que son donos. Son 12 preguntas moi específicas que resumen as dúbidas e inquietudes que teñen.

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *