Concelleiros non adscritos acusan ao alcalde de mentir sobre a solicitude para debater o PRUX

corner-147573_1280Á vista da nova versión de Germán Castrillón, publicamos abaixo a solicitude anterior á convocatoria do Pleno extraordinario urxente onde dous edís de Cabanas piden expresamente a inclusión do punto sobre o PRUX, segundo os concelleiros non adscritos non houbo contestación formal do alcalde ao día de hoxe.

Así mesmo, no Pleno foi reiterada a solicitude polos edís antes da ratificación da urxencia da sesión, tal e como permite a lei, e o alcalde simplemente denegouna sen realizar votación. En resumo, os edís non adscritos fixeron a solicitude en dúas ocasións pero o rexedor asegurou verbalmente no Pleno que se trataría unha moción do PSOE no ordinario de marzo sen máis explicación.

Os concelleiros non adscritos afirman que “o alcalde minte porque sabe que hai escrito de solicitude e porque se pediu no propio pleno a inclusión para debate, compróbase unha vez máis que Germán Castrillón quere facer do concello e das súas normas básicas o seu patio particular”.

Despois desta rectificación de Germán Castrillón, os edís agardan que a convocatoria do Pleno se produza antes do 26 de febreiro tal e como solicitaron, data límite para presentar alegacións ao PRUX e apoiar aos veciños.

Solicitude para debater PRUX en Pleno extraordinario rexistrada ás 8:01 do 13 de febreiro

Convocatoria de Pleno extraordinario comunicada ás 19:49 do 13 de febreiro

You may also like...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *