Camiño Inglés: Somos Cabanas saca adiante a proposta veciñal para manter o Camiño Inglés por Vilar do Colo-Porto-Madalena

A proposta de Somos Cabanas para manter o vello trazado do Camiño Inglés foi aprobada polo

Camiño Inglés por Cabanas
                 1997: vermello/2012: verde

Pleno de Cabanas este mércores. A iniciativa trasladou ao pleno municipal a proposta veciñal e a campaña de recollida de sinaturas emprendida a través de change.org. O Concello trasladará agora á Xunta a solicitude, que o concelleiro da Marea local, Xosé Manuel Pérez Sardiña fundamentou en razóns históricas (apoiadas nun estudo da historia local) e de seguridade dos peregrinos, obrigados a atravesar a estrada N-651 nun punto «moi perigoso» e advertido como tal polo Destacamento de Tráfico de Ferrol nun escrito que reproducimos abaixo. Ademais de esgrimir que, coa nova ruta, «pérdese un activo turístico moi importante, como é o paso pola praia da Madalena».

A pesar de que o rexedor argumenta que non é competencia municipal, debemos lembrar a súa posición en contra do anterior trazado e o seu apoio público ao novo percorrido solicitado por el mesmo. Segundo o concelleiro da marea: “O trazado actual non reune os mínimos criterios históricos e respondeu no seu momento a movementos especulativos contestados pola cidadanía de Cabanas”.

O voceiro da marea local considera que “o alcalde abandonou a seguridade vial dos veciños de Cabanas e dos peregrinos, parece que nos últimos 10 anos non estivo no goberno”. Así mesmo lembrou que os veciños non piden “dúas zonas de afección, senón o itinerario de 1997. É un bon momento para que a Xunta rectifique á vista do informe de tráfico que advirte que o problema non se soluciona con indicadores”.

 

Informe de tráfico (Lido no Pleno por solicitude do concelleiro da marea local)

Paso das Cádivas cuestionado por Tráfico

Oficio solicitando el cambio de lugar de paso de Camino de Santiago en N-651

Rexistro de entrada do Concello 2172 1/9/2017

“Por medio del presente le comunico que se ha podido comprobar que en el km 23.280 de la N651 (Betanzos-Ferrol), término municipal de Cabanas, se ha establecido recientemente un lugar de paso del Camino de Santiago que, como tal, se encuentra señalizado mediante mojones.
Dicho punto o lugar de paso para peregrinos en una carretera de la entidad de la que se trata, N651, con un volumen circulatroio alto que puede llegar a ser más alto en determinados momentos y fechas; con tres carriles de circulación que suponen 10,5 m de anchura (mas arcenes) y con una velocidad máxima genérica de 100 km/h para turismos y motocicletas; obliga a considerarlo como muy peligroso a efectos de seguridad vial por el continuo cruce de peatones y ciclistas que ello supone (se adjunta reportaje fotográfico dos fotos donde se observan las características del lugar mencionado).
Dicho volumen circulatorio y velocidad máxima permitida han sido además los factores determinantas para que desde este Departamento ya se elaborara informe con fecha de 22 de abril de 2016 solicitando modificaciones en este punto para la circulación de vehículos, del cual ya tiene conocimiento el Ministerio de Fomento.
En consecuencia con lo anterior es por lo que se solicita que se comunique a quien corresponda (Xunta de Galicia – Dirección General de Patrimonio Cultural) la supresión del lugar de paso en dicho punto km 23,280 N651 y su variación, que en ningún caso debería trasladarse a otro de la misma vía a jucicio de este oficial, y por motivos que podrían ser similares a los que se exponen en este escrito.
El Teniente jefe del Destacamento
Fco. Javier López Dopico
24 de agosto de 2017″

Apuntamentos sobre os camiños históricos de Cabanas (Xosé Manuel Pérez Sardiña, 2017)

Memoria da Xunta para o cambio do camiño e anuncio do DOG (2012)

Nota sobre a aprobación definitiva (2014)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *