Axenda pública

Xosé Manuel Pérez Sardiña

Xosé Manuel Pérez Sardiña

Xosé Manuel Pérez Sardiña: Esta é a axenda pública que irei actualizando nesta lexislatura e na que incluirei as actas e os vídeos dos Plenos, cando os haxa

 

 

 

 

 

13/06/2015 - Pleno constitución**. Asistín. Acta.

15/06/2015 - Pleno extraordinario. Asistín. Acta.

09/07/2015 - Pleno organización. Asistín. Acta.

22/07/2015 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Non asistín.

29/07/2015 - Pleno ordinario de xullo. Asistín. Acta. Resumo.

13/08/2015 - Comisión de Contas e Facenda. Titular. Asistín.

02/09/2015 - Comisión de Contas e Facenda. Titular. Asistín.

04/09/2015 - Pleno extraordinario. Asistín. Acta.

23/09/2015 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Asistín sen dereito a voto.

30/09/2015 - Pleno ordinario de setembro. Asistín. Acta. Vídeo PXOM. Vídeo Penso. Resumo.

16/10/2015 - Comisión de Obras. Titular. Asistín. Primeira explicación sobre cuestións problemáticas do PXOM.

21/10/2015 - Comisión de Asuntos de Pleno.Titular. Asistín.

28/10/2015 - Pleno ordinario de outubro. Asistín. Acta. Vídeo. Resumo.

18/11/2015 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Asistín sen dereito a voto.

25/11/2015 - Pleno ordinario de novembro. Asistín. ActaVídeo. Resumo.

02/12/2015 - Parlamento europeo. Convite de Lidia Senra para falar sobre o asfalto tóxico perante do director xeral de Ambiente.

14/12/2015 - Comisión de Contas e Facenda. Titular. Asistín.

17/12/2015 - Pleno extraordinario. Asistín. ActaVídeo.

18/01/2016 - Comisión de Obras. Titular. Asistín.

22/01/2016 - Comisión de Contas e Facenda. Non titular. Asistín sen dereito a voto.

27/01/2016 - Pleno orinario de xaneiro. Asistín. ActaVídeo

09/02/2016 - Reunión en alcaldía convocado polo alcalde. Asistín e expliquei diversas posicións sobre o PXOM.

12/02/2016 - Reunión en alcaldía convocado polo alcalde, con arquitecto municipal e redactor. Asistín e volvín explicar diversas posicións sobre o PXOM.

15/02/2016 - Comisión de Obras. Titular. Asistín.

17/02/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Por confusión na quenda, non asistín.

24/02/2016 - Pleno ordinario de febreiro. Asistín. Acta. ResumoVídeo. Vídeo co debate do Penso. Vídeo coas preguntas ao goberno local da oposición.

11/03/2016 - Comisión de Obras. Non titular. Asistín sen dereito a voto. Expliquei diversas posicións sobre o PXOM xa expresadas en xuntanzas anteriores.

23/03/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín. Debate de asuntos previstos para o Pleno

30/03/2016 - Pleno ordinario de marzo. Asistín. Acta. Resumo. Vídeo dispoñible: Proposta de Somos Cabanas de comparecencia do alcalde sobre a corta no piñeiral da MadalenaPreguntas de Xosé Manuel e dunha veciña ao alcalde.

20/04/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín. Debate de asuntos previstos para o Pleno

27/04/2016 - Pleno ordinario de abril. Asistín. Acta. Resumo.

10/05/2016 - Xuntanza dos grupos políticos cos herdeiros da Casa de Xan Ares. Visitei tamén a casa. Avaliamos a situación de deterioración da casa e soubemos que o concello ten responsabilidade no caso de caer. A nosa proposta de rehabilitación pendente da contestación dos propietarios.

16/05/2016 - Comisión de Obras. Non titular. Asistín sen dereito a voto. Manifestei o meu desacordo coa xestión do expediente patrimonial do Penso e preguntei pola tardanza en arranxar o semáforo do Areal.

25/05/2016 - Pleno ordinario de maio. Asistín e realicei 19 preguntas e 3 propostas de actuación ao goberno local. Acta. Resumo.

30/05/2016 - Pleno extraordinario de maio. Asistín, sorteo das mesas electorais. Acta.

03/06/2016 - Pleno extraordinario de xuño. Asistín, solicitudes de subvencións urxentes. Acta.

22/06/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín. Debate de asuntos previstos para o Pleno, ditame desfavorable de propostas de Somos Cabanas.

30/06/2016 - Pleno ordinario de xuño. Asistín e realicei 17 preguntas e presentei 5 propostas de actuación ao goberno local. Acta. Resumo.

20/07/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín como oínte en substitución do BNG. Debate de asuntos previstos para o Pleno, ditame favorable a proposta de Somos Cabanas sobre balizamento de zonas de baño.

21/07/2016 - Comisión de Obras. Non titular. Asistín en substitución do BNG. Información do ordenamento da zona da igrexa de Cabanas e N-651.

22/07/2016 - Xuntanza cunha propietaria da Casa de Xan Ares. Asistín.

26/07/2016 - Charla informativa sobre aplicación da Lei de Protección de Datos no Concello. Asistín.

27/07/2016 - Pleno ordinario de xullo. Asistín e realicei 12 preguntas e presentei 5 propostas de actuación ao goberno local, entre elas a de protección de zonas de baño. Acta. Resumo.

12/08/2016 - Comisión de Facenda e Contas. Asistín como titular. Estudamos a Conta Xeral de 2015.

26/08/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Asistín como titular.

30/08/2016 - Pleno extraordinario de agosto. Asistín. Acta. Resumo.

21/09/2016 - Comisión de Facenda e Contas. Non titular. Asistín sen dereito a voto.

21/09/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Asistín como titular. Advertín do meu voto en contra ao proxecto de execución da 2ª fase do Penso, requirín informe do arquitecto municipal sobre cumprimento da sentenza.

28/09/2016 - Pleno ordinario de setembro. Asistín e realicei 5 preguntas e presentei 2 propostas de actuación ao goberno local. Acta. Resumo.

20/10/2016 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Asistín. Tratamos as modificacións das ordenanzas de rodaxe (proposta de Somos Cabanas para eliminar requisitos ilegais) e contribución (inclúense parcialmente as propostas de Somos Cabanas).

20/10/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Asistín sen dereito a voto. Rexistramos dúas propostas para debate en pleno sobre modificación da lei Montoro e un pronunciamento contra os tratados que afectan aos servizos municipais. Solicitei autorización para enchufar un amplificador wifi para servizo dos concelleiros nos despachos e na sala de sesións.

26/10/2016 - Pleno ordinario de outubro. Asistín e realicei 20 preguntas, presentei 2 propostas de debate e 8 propostas de actuación ao goberno local. Acta. Resumo.

24/11/2016 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Asistín. Tratamos a modificación da ordenanza de tenza de animais.

24/11/2016 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín. Expliquei as propostas sobre orzamentos participativos e sobre pobreza enerxética.

28/11/2016 - Xunta de Portavoces. Cotitular. Asistín. Expuxen consideracións sobre turismo.

30/11/2016 - Pleno ordinario de novembro. Asistín e realicei 14 preguntas, presentei 4 propostas de actuación ao goberno local. Acta. Resumo.

23/12/2016 - Xunta de Portavoces. Non titular. Asistín. Recollín información sobre o orzamento municipal para 2017.

28/11/2016 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Non titular, oínte sen voz.

31/12/2016 - Pleno extraordinario de decembro. Asistín e realicei 6 emendas aos orzamentos. Acta. Resumo.

19/01/2017 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Asistín. Tratamos as primeiras bonificacións de IBI para explotacións gandeiras.

19/01/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín. Pedín explicacións por que non se incluía o saneamento na proposta de reposición do Camiño Vello no Areal, o alcalde negou o problema.

25/01/2017 - Pleno ordinario de xaneiro. Asistín e presentei dúas propostas, 19 preguntas e 4 suxestións. Acta. Resumo.

03/02/2017 - Presentei a primeira xeira informativa da marea local sobre recuperación de cláusulas chan abusivas e gastos da hipoteca. As explicacións correron a cargo da asociación de consumidores e usuarias ACOUGA.

09/02/2017 - Convidado por Lidia Senra, participei no encontro REALPE da esquerda europea para fomentar o emprego e protexer os dereitos sociais fronte á austeridade neoliberal. Foi no Parlamento europeo

14/02/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Non asistín por motivos de conciliación. Informeime do desenvolvemento da Comisión no expediente do Pleno e sorprendeume ver como o PSOE apoiou as propostas do PP sobre críticas ao último plan da Deputación e mais a elaboración dunha declaración institucional sobre a praga da pataca, no Pleno desdíxose.

25/02/2017 - Pleno ordinario de febreiro. Asistín e presentei 19 preguntas e 4 suxestións. Acta.Resumo.

17/03/2017 - Xuntanza coa parlamentaria Luca Chao e membros da ANPA do CEIP Eladia Mariño para tratar asuntos relacionados co centro.

23/03/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e presentei voto particular contra o ditame desfavorable á proposta de Somos Cabanas para suprimir sobresoldos. .

29/03/2017 - Pleno ordinario de marzo. Asistín e presentei 2 propostas de resolución, 15 preguntas e 1 suxestión. Acta. Resumo.

03/04/2017 - Xuntanza no Parlamento de Galicia con Alexandra Rodríguez para traballar sobre os orzamentos do Estado en materia de Fomento.

20/04/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e presentei voto particular contra o ditame favorable ao circuíto de motocross.

26/04/2017 - Pleno ordinario de abril. Asistín e presentei 1 proposta de resolución, 16 preguntas e 2 suxestións. Acta. Resumo.

25/05/2017 - Comisión de Facenda. Non titular. Asistín sen voz e sen voto.

25/05/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e defendín as propostas sobre protección do litoral e sobre a Risga.

31/05/2017 - Pleno ordinario de maio. Asistín e presentei 2 propostas de resolución rexeitadas polo PP, 13 preguntas e 4 suxestións. Acta. Resumo.

22/06/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e preguntei polas previsións de limpeza e seguridade no San Xoán.

28/06/2017 - Pleno ordinario de xuño. Asistín e presentei 1 moción de urxencia sobre a Risga, 15 preguntas e 1 suxestión. Acta. Resumo.

11/07/2017 - Comisión de Obras e Urbanismo. Non titular e non asistín.

13/07/2017 - Pleno extraordinario de xullo. Asistín e expresei o meu rexeitamento a como se está a executar a sentenza do Penso. Acta. Resumo.

20/07/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e preguntei sobre a protección da zona de baño e non actualización de actas na páxina web.

26/07/2017 - Pleno ordinario de xullo. Asistín e presentei 4 propostas de actuación, 11 preguntas. Acta.

26/07/2017 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Asistín.

16/08/2017 - Comisión de Obras. Non titular.

20/09/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e preguntei sobre a protección da zona de baño e non actualización de actas na páxina web.

21/09/2017 - Pleno ordinario de setembro. Asistín. Acta.

09/10/2017 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Asistín.

12/10/2017 - Pleno extraordinario de outubro. Conta Xeral e modificación de crédito. Asistín.Acta.

16/10/2017 - Xunta de Voceiros. Orzamentos 2018. Titular. Asistín. Propuxen diversas medidas no orzamento, unha delas para afrontar períodos de seca, e intereseime pola dotación de postos vacantes do Concello.

19/10/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín e preguntei sobre a protección da zona de baño e non actualización de actas na páxina web.

25/10/2017 - Pleno ordinario de outubro. Asistín. Acta.

22/11/2017 - Comisión de Facenda e persoal. Titular. Asistín.

22/11/2017 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín.

27/11/2017 - Xunta de Voceiros. Obras do Plan Provincial. Orzamentos 2018. Non titular. Non Asistín. Pactaron obras para o Plan Provincial de 2018.

29/11/2017 - Pleno ordinario de novembro. Asistín. Acta.

13/12/2017 - Comisión de Facenda e persoal. Non titular. Non Asistín.

18/12/2017 - Pleno extraordinario de decembro. Asistín. Acta.

13/12/2017 - Comisión de Facenda e persoal. Titular. Asistín.

29/12/2017 - Pleno extraordinario de orzamentos. Asistín. Acta.

25/01/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín.

31/01/2018 - Pleno ordinario de xaneiro. Asistín. Acta.

21/02/2018 - Comisión de Facenda. Non titular. Asistín en substitución do concelleiro do BNG.

21/02/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín.

28/02/2018 - Pleno ordinario de febreiro. Asistín. Acta.

06/03/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Non asistín por substitución 21/02. Tratouse o regulamento do Punto Limpo.

20/03/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Asistín por substitución da concelleira de AEC.

28/03/2018 - Pleno ordinario de marzo. Asistín. Realicei 5 preguntas orais e 2 propostas. Acta.

19/04/2018 - Comisión de Facenda. Titular. Non asistín por substitución 20/03.

19/04/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín. Tratouse o regulamento do Punto Limpo.

25/04/2018 - Pleno ordinario de abril. Asistín. Realicei 5 preguntas orais e 2 propostas. Acta.

24/05/2018 - Comisión de Facenda. Non titular. Asistín de oínte.

24/05/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Titular. Asistín.

30/05/2018 - Pleno ordinario de maio. Asistín. Realicei 5 preguntas orais e 2 propostas. Acta pendente.

22/05/2018 - Comisión de Facenda. Titular. Non asistín por substitución 19/04.

22/05/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Non asistín.

27/06/2018 - Pleno ordinario de xuño. Asistín. Realicei 5 preguntas orais e 2 propostas. Acta pendente.

18/07/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Non asistín.

24/07/2018 - Comisión de Contas. Titular. Asistín, votei en contra da Conta Xeral

28/07/2018 - Pleno ordinario de xullo. Asistín. Realicei 11 preguntas e 3 propostas. Acta pendente.

20/08/2018 - Comisión de Facenda e Contas. Titular. Asistín.

21/08/2018 - Pleno extraordinario de agosto. Asistín. Acta.

21/09/2018 - Comisión de Asuntos de Pleno. Non titular. Asistín por cambio de quenda.

26/09/2018 - Pleno ordinario de xuño. Asistín. Realicei 5 preguntas orais e 4 propostas. Acta pendente.

08/10/2018 - Xunta de Voceiros. Titular. Asistín e lembrei as propostas que expuxo a candidatura municipalista para aprobar o PXOM. Tamén propuxemos nomear o parque do Concello en lembranza de Mito e apoiamos o cambio dunha rúa para o nome dun antigo médico de Laraxe.

 

** Nota explicativa: como concelleiro teño deber de asistir a todos os Plenos e a aquelas comisións que me correspondan como vogal do Grupo Mixto, polo cal se indemniza a cantidade de 100 € por preparación e asistencia á reunión. As comisións ás que asistín sen dereito a voto ou outro tipo de xuntanzas non son retribuídas. Tamén renunciei a percibir asistencias por Xunta de Voceiros mentres non esteña legalmente regulada.